Foi por el por quen comezou todo. E ainda non rematou. Se cadra, tampouco sería bo que rematase. El tiña trinta e tantos, esa idade indefinida de cando deixas de ser un mozo pero aínda a madurez agroma no rostro e nas mans en forma de promesa, non de carga. Serei máis preciso noutro momento, en canto poida consultar a documentación que han pasarme para poder escribir o relatorio que me encomendaron sobre os sete días de abril deste ano que cambiaron o rumbo de tantas cousas.
Lembro o seu falar seguro e pousado, acompañado por unha boca que igual semellaba pequena que ofrecía un sorriso enorme. A voz grave pero lene, engalanada de dozura as máis das veces; outras cheas de dureza -contra as durezas da vida e da xente ruín, que no mundo hai de todo...-. Quero lembrar os seus ollos, coido que escuros, en todo caso cheos de luz e de vida.
Logo estaban os adobíos: as guedellas de coidado cor carbón, e unha barba sempre ben recortada, marcando as fazulas e insinuando un mentón agudo e a penas furado no centro; as orellas miúdas, pero sempre atentas a escoitar; un nariz ganchudo pero escaso, preso dos recendos da terra, das árbores e das augas.
Coido que tanta xente lle deu a súa confianza por esa serenidade que transmitía desde o primeiro momento, por esa mistura de fortaleza e dozura. Non estou a negar ningún dos outros valores que as testemuñas foran presentando no relatorio. Só que eu mesmo o coñecín e dou fe: era de fiar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario